Programación de actividades para o mes de abril

Durante o mes de abril, a aula CeMIT de Guitiriz ofrece unha serie de cursos moi vencellados á seguridade na rede e o uso de dispositivos móbiles.

Hoxe en día todos navegamos pola rede utilizando gran cantidade de medios e redes sociais, pero debemos cuestionarnos se o facemos coa suficiente privacidade e seguridade no que atañe a información que intercambiamos. Neste eido, os dous primeiros talleres, como podedes ver abordan estas cuestións e, faremos especial fincapé no que atañe a vixiancia e seguemento da seguridade dos menores por medio de programas de control parental.

O segundo bloque de actividades, vai dirixida a aquelas persoas que foron, pouco a pouco,  incorporando dispositivos móviles na súa actividade diaria. Esperamos contribuir a facer o uso destes dispositivos máis doado e amigable.

Deixamos a continuación un cronograma de actividades previstas para o mes de abril.

Cronograma abril

Esperámoste,

O persoal da aula CeMIT de Guitiriz

Deixar un comentario