Videoconferencias sobre “COMERCIO ELECTRÓNICO”

cartel-comercio-electrnico

Dende o centro demostrador TIC de Galicia ofrécese a posibilidade de participar nunha serie de videoconferencias relacionadas co COMERCIO ELECTRÓNICO, que terán lugar os catro martes do mes de xuño en horario de 16:00 a 18:00 e que se retransmitirán dende a aula Cemit de Guitiriz ( sempre que haxa persoas interesadas).

As temáticas serán as seguintes:

  • 5 de xuño: As claves para o éxito ( Carlos Otero )
  • 12 de xuño: Prezos e competencia ( Fernando Gómez )
  • 19 de xuño: Campañas e promocións ( Alberto Lázaro )
  • 26 de xuño: Plataformas e tendas ( Pablo López )

As persoas interesadas en participar nalgunha destas conferencias ou en todas poderán anotarse ata o 31 de maio polos seguintes medios:

  1. Na aula Cemit de Guitiriz en horario de 16:00 a 20:00.
  2. Na dirección de correo electrónico: aulacemitguitiriz@gmail.com
  3. Na páxina do Cemit: https://cemit.xunta.gal
Advertisements

Videoconferencia : “Adaptación da nova normativa GDPR/RXPD (Regulamento Xeral de Protección de Datos) para as empresas e autónomos “

Co gaio da entrada en vigor o vindeiro 25 de maio do  novo Regulamento Xeral de Protección de Datos  ( RXPD) da Unión Europea,  a aula Cemit de Guitiriz vai retransmitir o vindeiro 30 de maio en horario de 18:30 – 20:00 unha videoconferencia impartida polo mentor dixital José M. Lozoya para informar a empresas e autónomos asi como a todas as persoas interesadas das novedades deste novo regulamento en canto ao tratamento dos datos persoais.

Todos os interesados en asistir poderán notificalo na propia aula Cemit no seu horario habitual de 16:00 a 20:00, na dirección de correo da aula: aulacemitguitiriz@gmail.com ou na páxina da  Xunta: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade

O programa da videoconferencia vai ser o que segue:

  1. De onde vimos?
  2. Cara onde vamos?
  3. Novo enfoque do  Regulamento Xeral de Protección de Datos.
  4. Ámbito de aplicación do RXPD.
  5. Conceptos.
  6. Principios relativos ó tratamento de Datos.
  7. Licitude do tratamento.
  8. Dereitos do interesado.
  9. Obrigas do responsable e do encargado do tratamento.
  10. Medidas de responsabilidade proactiva: medidas de seguridade, notificación de quebras de seguridade, avaliación de impacto, o Delegado de Protección de Datos.
  11. Recursos, responsabilidade e sancións.
  12. Ferramentas.
  13. Quenda de preguntas

Elabora o teu Currículum Vitae

Na aula Cemit de Guitiriz  vai ter lugar un curso co fin de axudar a elaborar o Currículum Vitae a todas aquelas persoas que estén interesadas.

O curso terá lugar os próximos días 14 e 16 de maio en horario de 16:00 a 18:00. Os interesados poderán anotarse na propia aula ou mandando un correo a aulacemitguitiriz@gmail.comCartel elabora o teu CV 1-1.jpg

Programación actividades para o mes de maio

Xa a punto de rematar o mes de abril, na aula Cemit de Guitiriz iniciamos o mes de maio con  novos talleres dirixidos á busca de emprego e xestión das Redes Sociais.

Teremos un bloque adicado á elaboración do curriculum vitae e a busca de emprego e un segundo bloque  no que abordaremos o uso das redes sociais, a comunicación a través de internet e o comunity manager.

Lembrarvos que temos na aula equipamentos para facer uso deles libremente na franxa horaria de Aula Aberta e personal que atenderá as vosas dúbidas.

CRONOGRAMA MAIO CORREXIDO-1.jpg

Taller uso da tableta e o teléfono móbil

Dos días 11 a 20 de abril en horario de 16:00 a 18:00 na aula Cemit de Guitiriz terá lugar un taller que tratará sobre o uso da tableta e o teléfono móbil destinado a todo tipo de público interesado en coñecer o funcionamento destes dispositivos co fin de incorporalos ao seu día a día.

Os obxectivos deste taller son:

  • aprender a usar o teléfono móbil e a tablet.
  • coñecer as principais utilidades que presentan estes dispositivos.

Programación actividades para o mes de abril

Ao longo do mes de abril as actividades da aula Cemit irán dirixidas cara á seguridade informática e o emprego de dispositivos móbiles.

Os avances nas tecnoloxías da información e da comunicación supoñen unha mellora substancial na realización de tarefas e desenvolvemento de actividades pero non debemos deixar de cuestionarnos se empregamos a suficiente privacidade e seguridade no relativo á información que intercambiamos. Neste senso van os dous primeiros cursos do mes.

O segundo bloque vai encamiñado ás persoas que foron incorporando os dispositivos móbiles á súa vida cotiá e así abordaremos o emprego da Tableta e dos Smartphones.

Remataremos o mes cun taller de Búsqueda de Emprego.

A continuación deixovos o cronograma dos cursos de todo o mes para que poidades consultalos e anotarvos na seguinte dirección de correo electrónico: aulacemitguitiriz@gmail.com ou ben na propia aula de 16:00 a 20:00

cronograma abril.jpg

 

Inicio de actividades da aula Cemit para o 2018

cropped-foto-cabecera-wordpress2.jpg

A aula Cemit de Guitiriz inicia un ano máis a súa actividade ofertando variadas accións formativas de tipo tecnolóxico co fin de dotar aos usuarios da capacitación necesaria para acceder, coñecer e utilizar a internet e as novas tecnoloxías.

Neste mes de marzo as actividades ofertadas en horario de 16:00 a 18:00 son:

  • Mecanografía ( do 1 ao 9 de marzo )
  • Iniciación á informática ( semana do 12 ao 16 de marzo )
  • Busca Información na Internet ( 19-20-21 de marzo )
  • Correo electrónico ( 22-23 de marzo )
  • Uso da Internet (26-27-28 de marzo )

Ademais a aula permanecerá aberta ata as 20:00 para que todos os usuarios interesados poidan facer uso dela como aula aberta.